As obras que faltan para completar o paseo da ría do Burgo nos dous treitos que deixaron incompletos ao acometer a restauración integral pola ría será un dos temas que aborde o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, nunha entrevista que terá lugar en Madrid o vindeiro 18 de febreiro.
Unha xuntanza que tamén servirá para estudiar a posibilidade de intervir en Santa Cruz, tanto sobre os destrozos que causan os temporais no paseo marítimo como sobre a pasarela do Castelo de Santa Cruz.
A xestión terá lugar durante unha xuntanza co Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, do Ministerio de Transición Ecolóxica.