[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O galo de Oleiros manda no curral do Consorcio das Mariñas
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A “Compañía Municipal de Teatro” de Oleiros, que contou co alcalde Ángel García Seoane como actor protagonista, realizou unha satírica interpretación da situación política do Consorcio das Mariñas. Convertidos en poliños e polas, os alcaldes e alcaldesas dos municipios coruñeses fixeron rir a gargalladas ás máis de 800 persoas que participaron na festa do Entroido do Concello de Oleiros.
O espectáculo desenvolveuse no Corral do Consorcio. Alí eran moi felices o gallito de Abegondo xunto coas polas de Bergondo e Betanzos e cos poliños de Culleredo e Cambre. A alegría coa que vivían truncouse cando entrou en escena o galo de Oleiros para poñer orde. Despois dun enfrontamento, o galo impúxose ao gallito, e as polas e os poliños que bailaban ao ritmo que marcaba o gallito acabaron por pasarse ao lado do galo.
Unha vez rematada a actuación, Ángel García Seoane agradeceu a presenza a todas as persoas asistentes á festa e dixo que o espectáculo humorístico que acababan de representar era o que ía acontecer no Consorcio das Mariñas. O alcalde lembrou que a lei asiste ao Concello de Oleiros para asumir a dirección do Consorcio, que pretende seguir presidindo o alcalde de Abegondo coa colaboración dos alcaldes e alcaldesas de Betanzos, Culleredo, Bergondo e Cambre está a realizar.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]