Os plumachos volven a invadir os marxes das estradas sen control. A súa proliferación se debe a unha política nefasta por parte dos responsables das carreteiras do Estado e asAutonómicas.
Alternativa dos Veciños leva anos denunciando que as empresas contratadas para a limpeza de beiravías e cunetas non cortan os plumachos antes de pasar coa maquinaria e trituran as plantas provocando a dispersión de miles de sementes.
As administracións, especialmente o goberno galego, está obrigado a erradicar a planta e obrigar ás empresas concesionarias do servizo de limpeza de estradas á retirada controlada dos plumachos, para evitar a súa propagación.
“O goberno autonómico é o culpable do que está acontecendo porque é o que sementou os plumachos polas vías. Se Autoestradas do Atlántico foi capaz de erradicala dende A Coruña a Santiago, a Xunta tamén o pode facer nas vías da súa competencia.”
Estamos ante unha clara contaminación medioambiental que está a degradar o paisaxismo galego. Galicia non forma parte da pampa arxentina, onde abunda esta planta, nin das estepas de Australia.
Galicia é un verxel que temos que coidar e protexer.