A Fundación Amancio Ortega financia a nova biblioteca no Pazo de Lóngora
A Fundación Amancio Ortega financiará a creación dunha biblioteca medioambiental no Pazo de Lóngora. Este novo espazo cultural público estaría situado nas antigas caballerizas do pazo, que se atopan sen uso na actualidade.
A Fundación Amancio Ortega pagará integramente os 260.000 euros das obras de restauración e adecuación do edifico para o seu novo fin. Inicialmente, esta nova biblioteca contará con todo o material bibliográfico que se atopa no Ceida, no Castelo de Santa Cruz.
O Pazo de Lóngora é unha propiedade municipal. O Concello cedeulle o uso á Universidade da Coruña no ano 1997 para a creación do Instituto Universitario do Medio Ambiente.