pleno

O funcionamento do pleno sofre a deixadez do Goberno municipal

Alternativa non comprende o interese do Goberno municipal de Cambre de frear o traballo de control e fiscalización dos grupos da oposición.

En xuño chega o primeiro pleno ordinario e os temas pendentes son amplísimos. O señor Patiño e o seu equipo de goberno deixa á luz os deberes acumulados e, de novo, o bloqueo das funcións da oposición.

Para os grupos da oposición será un contra reloxo estudar e revisar en menos de 10 días tal cantidade de expedientes, dos que moitos poderíamos ter a documentación hai meses.

Alternativa xa se manifestou en contra deste bloqueo de comunicación e funcionamento da corporación municipal, posto que non resulta nada beneficioso para a xestión municipal.

Novas relacionadas