Formalizada a paralización da torre 5G en Rois

A empresa promotora presentou formalmente a paralización do procedemento para a instalación da torre 5G prevista en Rois

A suspensión chega tras as negociaciónsimpulsadas dende o Concello de Bergondo, que permitiron acadar un acordo para trasladar a infraestrutura a unha nova localización.

O Concello está agora á espera de recibir a correspondente solicitude para iniciar o proceso para a tramitación do novo emprazamento, que se situaría nunha zona que minimiza o impacto sobre as vivendas e o entorno. Esta solución da resposta ás demandas veciñais e compatibiliza a prestación do servizo coa protección do territorio.

Comparte esta nova!