O Ministerio de Fomento non ten desculpas para iniciar a licitación da obra de Sol y Mar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Ministerio de Fomento non ten desculpas para iniciar a licitación da obra de Sol y Mar

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Aprobado o proxecto para a construción do túnel en Sol y Mar, o Ministerio de Fomento está en disposición de poder contratar a obra . Os orzamentos do Estado contemplan unha partida de 4 millóns para poder iniciar a obra este ano e rematala nos seguintes exercicios.

“Hai que lembrar que no 2007 tamén se aprobou o proxecto e non chegou a realizarse. Polo tanto, o que importa é que contraten a obra. Poden facelo este ano? Si, porque nos orzamentos hai 4 millóns previstos para a primeira fase”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Alternativa dos Veciños agarda que antes de que finalice o mes de setembro o Ministerio inicie a licitación. De non ser así, a actuación retrasaríase outro ano máis. Nese caso, o Goberno municipal levaría adiante diferentes accións para que esta obra sexa unha realidade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!