beirarrua-danos

O Ministerio de Fomento abandona por completo o mantemento das beirarrúas do Carballo

O Concello de Oleiros remitiu un escrito ao Ministerio de Fomento para que traten de inmediato a reparación das beirarrúas lindeiras coa N-VI na zona do Carballo. O firme está completamente estragado e complica enormemente o tránsito dos veciños e veciñas desta zona, próxima ao Colexio Cristo Rei. 

“O Ministerio de Fomento ía expropiar e arranxar o centro urbano do Carballo, pero nin fan a obra nin manteñen o que xa teñen. Un montón de veciños están protestando por este asunto e esta semana remitímoslle á Delegación da Coruña un documento para que se poñan a traballar e arranxen estas beirarrúas. Estamos falando dunha zona próxima a un colexio, pola que teñen que pasar moitos nenos e nenas”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Novas relacionadas