Fiscalización do Plan Único de Concellos

Alternativa presentou no último pleno unha pregunta dirixida a coñecer o estado de execución de todas as obras tramitadas a través do Plan Único de Concellos (POS+) durante o actual mandato.

O grupo municipal esixe a información co obxectivo de garantir a transparencia e facer seguimento dos investimentos comprometidos co municipio.

O goberno local aceptou responder por escrito facilitando a información detallada sobre o grao de tramitación e execución das obras correspondentes a este período.

Dende Alternativa salientan a importancia de contar con datos actualizados sobre estes proxectos, ao tratarse de actuacións fundamentais para a mellora de infraestruturas e servizos municipais, e reiteran o seu compromiso coa fiscalización da xestión e coa defensa dos intereses da veciñanza.

Comparte esta nova!