Financiar mellor os concellos de Galicia, unha necesidade urxente

Xunta e FEGAMP deben abordar de inmediato o pago de servizos que non competen aos municipios

A situación económica de moitos concellos de Galicia roza a mendicidade, tanto pola asunción de competencias impropias, como por deficiencias na xestión e polas eivas no cobro de taxas e impostos, que en moitos lugares do país son víctimas do sistema caciquil.

É a análise que fai o presidente da Alternativa e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, que insta tanto á Xunta de Galicia como á Federación de Municipios a tomar en serio a financiación municipal se non se quere que algúns concellos colapsen.

Servizos públicos de primeira necesidade como a protección de animais, o mantemento dos centros de saúde, centros de día, centros educativos, pago de calefacción, limpeza e outros aspectos que o Concello asume para ofrecer á cidadanía un servizo en dignas condicións están no centro desta problemática que ven arrastrando a administración pública desde hai décadas.

Comparte esta nova!