A Deputación aproba co apoio de Alternativa as obras na rúa Antón Fraguas
O Pleno da Deputación da Coruña aproba co apoio de Alternativa dos Veciños o convenio de colaboración co Concello de Cambre para o financiamento das obras de reforma e adecuación das beirarrúas na rúa Antón Fraguas cunha axuda de 23.876,12 euros.
Actualmente esta rúa conta cunha sección de 11,5 metros de ancho repartidos en ambos lados. Esta zona xa tivo unha remodelación na cal quedou fora do ámbito o marxe esquerdo, onde presenta pavimento irregular, baldosas en mal estados e discontinuidades perigosas para os viandantes. Así mesmo, o pavimento da estrada non conta con rede de pluviais na marxe esquerda que garantice a evacuación correcta das augas.
A remodelación da beirarrúa consistirá nun recheo para corrixir tanto o afundimento como as discontinuidades, con pavimentacións de hormigón que proporcionarán unha superficie cómoda e segura para os peatóns, así como unha rede de pluviais para a correcta evacuación das augas.