A festa de Entroido do Concello será o 4 de marzo, cun concurso de disfraces con 5.200 euros en premios

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A festa de Entroido do Concello será o 4 de marzo, cun concurso de disfraces con 5.200 euros en premios

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros organizará unha festa de entroido ao aire libre, con orquestra e concurso de disfraces. Será o venres 4 de marzo en Perillo, na polideportiva da avenida da II República, e comezará a media tarde.

O concurso de disfraces contará con categorías de grupos, individuais e parellas. En grupos haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €. En individual e parellas o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €. Nos vindeiros días publicaranse as bases, así como os prazos de inscrición para poder participar.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!