A Festa do Entroido celébrase este venres a partir das 19:00 h en Santa Cruz
Este venres día 1 de marzo celébrase a Festa do Entroido que organiza o Concello de Oleiros a partir das 19:00 horas na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Non faltará a tradicional chocolatada, o concurso de disfraces, a espectacular actuación sorpresa a cargo da “Compañía Municipal de Teatro” e a música da orquestra Os Satélites, garantía de baile e diversión.
Repartiranse 4.700 euros en premios entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. As persoas que non se apuntaran previamente ao concurso poderán facelo entre as 19:00 e as 19:30 horas no propio pavillón.
PROGRAMA
19:00 h Apertura de portas
19:00 19:45 h MÚSICA E BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES
19:45 h CONCURSO DE DISFRACES E CHOQUEIROS
20:45 h ACTUACIÓN SORPRESA da “Compañía Municipal de Teatro”: tradicional actuación do alcalde de Oleiros cunha sátira carnavalesca.
21:15 h MÚSICA e BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES
21:30 h Entrega de PREMIOS do CONCURSO DE DISFRACES
21:45-22:00 h MÚSICA e BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES