Fenosa impide rematar a obra de Santa Cristina antes de Semana Santa

A multimillonaria eléctrica pretende cobrarlle á Deputación obras que xa están feitas

As obras de reforma integral da avenida de Santa Cristina sufragadas pola Deputación da Coruña, ían finalizar ante de Semana Santa. Finalmente vanse demorar máis debido ás trabas impostas por Fenosa que non retira uns postes situados nas beirarrúas para o que a Deputación xa construíu as canalizacións necesarias para pasar os cables.

As obras non se poden rematar mentres non se reitren os postes, o que orixinará un grave prexuízo ao comercio e á hostalaría da zona.

O problema é que Fenosa pretende cobrar á Deputación, segundo informaron os técnicos, non só a retirada dos postes e a canalización dos cables, senón tamén obras xa realizadas pola Deputación doutras canalizacións e arquetas.

Comparte esta nova!