Felicitación ao Goberno cambrés por activar as iniciativas propostas por Alternativa dos Veciños
Alternativa de Cambre agradece que desde o Concello activen as propostas presentadas para o comercio local o pasado 2 de abril. Alternativa brinda porque a veciñanza ten á súa disposición o servizo de orientación da Axencia de Desenvolvemento local, tamén unha guía das axudas para traballadores e empresarios. E, desde a pasada semana, os comerciantes locais teñen un espazo enliña para ofrecer os seus servizos.
Confiamos que este sexa o principio para que se activen o resto das propostas feitas tanto para o comercio local, como diferentes medidas fiscais, así como as aportadas pola veciñanza a través do “Banco de Alternativas Veciñais”.
Alternativa dos Veciños quere felicitar ao goberno por ter en conta e poñer en marcha as aportacións de Alternativa dos Veciños de Cambre.