A Feira do Mel celebrarase o domingo día 8 na pista polideportiva de Perillo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Feira do Mel celebrarase o domingo día 8 na pista polideportiva de Perillo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O vindeiro domingo 8 de novembro, en horario de 10 a 15 horas, celebrarase a XXXI edición da Feira do Mel baixo a cuberta da pista polideportiva de Perillo, na avenida da II República. Unha selección dos mellores apicultores galegos virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos. As persoas que se acheguen poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata os cosméticos.

Debido á situación sanitaria controlarase o acceso e regularase o número de asistentes, haberá unha zona de entrada no recinto e outra de saída e crearase un único sentido de circulación polos postos, que estarán debidamente separados. Non poderán realizarse ningunha das actividades paralelas de anos anteriores tales como actuacións musicais, magosto, pulpeira, queimada, obradoiros infantís,…

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!