XXVIII Feira Alfaroleiros en Santa Cruz
O vindeiro 3 de agosto comeza unha nova edición da Feira de olería tradicional Alfaroleiros, que se celebra no parque Luis Seoane de Santa Cruz. Un total de 22 oleiros/as de toda a península participarán nesta feira expoñendo e vendendo os seus produtos.
Entre os días 3 e 7 de agosto, desenvolveranse distintas actividades infantís, actuacións musicais, obradoiros de olería…
A feira está organizada polo Concello de Oleiros e percibe unha achega da Deputación da Coruña de 30.000 euros para a súa realización.