Este verán volve Alfaroleiros cunha nova edición que promete moito! Xa van 31 anos sendo a feira máis auténtica, artesanal e identitaria. Un clásico do verán que enche o parque Luis Seoane de vida, cor e tradición oleira de toda a península.
Durante os primeiros días de agosto, 26 oleiros e oleiras de diferentes puntos de España e Portugal poñerán á venda as súas pezas únicas a pé de céspede, facendo do Parque Luis Seoane o corazón da festa e da cultura no Concello de Oleiros.
Ademais, mentres se pasea pola feira, tamén poderá gozarse doutras actividades culturais e de lecer tanto no propio parque como na praza Esther Pita. Concertos, obradoiros, demostracións de olería, cociña con barro e moito máis para toda a familia.