[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Oleiros chora a perda de Esther Pita, ex alcaldesa e presidenta de honra de Alternativa dos Veciños
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños lamenta profundamente o repentino falecemento de Esther Pita Pita, alcaldesa de Oleiros entre os anos 1997 e 2003, concelleira municipal desde o ano 1979 ata o 2003 e fundadora, xunto con Ángel García Seoane, de Alternativa dos Veciños. Esther foi unha loitadora incansable polo progreso de Oleiros, que entregou a súa vida aos demais e que por riba de todo tiña unha humanidade e un agarimo especial.
Esther Pita déixanos o Día de Rosalía. Igual que a ilustre poeta, Esther foi unha precursora, unha feminista convencida que liderou o movemento veciñal en Santa Cruz, creando a Asociación de Veciños. O compromiso co seu pobo sempre foi total e contribuíu dunha maneira extraordinaria ao progreso do municipio en todos os ámbitos.
Dan man de Ángel García Seoane, Esther Pita fundou Alternativa dos Veciños, formando parte da primeira corporación democrática no ano 1979. Foi concelleira ata o ano 2003, destacando o seu traballo á fronte da concellería de Servizos Sociais. Sempre estivo especialmente preocupada polas persoas maiores e moitas das políticas que desenvolveu neste ámbito non só perviven a día de hoxe, senón que seguen a ser unha referencia máis alá de Oleiros.
Tamén ocupou a alcaldía entre 1996 e 2003, cando Ángel García Seoane foi inhabilitado polas pedras da praia de Santa Cristina. Nesta etapa, o seu traballo tivo unha importancia moi grande para o construción do Oleiros que hoxe disfrutamos. Actualmente era presidenta de honra de Alternativa dos Veciños e durante toda a súa vida loitou sen tregua polo benestar da comunidade.
O exemplo de Esther, entregada en corpo e alma a traballar polos demais, foi merecedor de outorgarlle o seu nome á praza situada no centro de Santa Cruz, que foi inaugurada nun acto multitudinario no ano 2013, no que o pobo de Oleiros amosou o inmenso cariño que sente por esta muller.
O teu ímpetu e a túa fidelidade contribuíron a este Oleiros que hoxe disfrutamos[/vc_column_text][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwaWQlM0QlMjdhdWRpb18zMjgxNDkxNCUyNyUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTI3MCUyNyUyMGFsbG93ZnVsbHNjcmVlbiUzRCUyNyUyNyUyMHNjcm9sbGluZyUzRCUyN25vJTI3JTIwaGVpZ2h0JTNEJTI3MjAwJTI3JTIwc3R5bGUlM0QlMjdib3JkZXIlM0ExcHglMjBzb2xpZCUyMCUyM0VFRSUzQiUyMGJveC1zaXppbmclM0Fib3JkZXItYm94JTNCJTIwd2lkdGglM0ExMDAlMjUlM0IlMjclMjBzcmMlM0QlMjJodHRwcyUzQSUyRiUyRnd3dy5pdm9veC5jb20lMkZwbGF5ZXJfZWpfMzI4MTQ5MTRfNF8xLmh0bWwlM0ZjMSUzRGZmNjYwMCUyMiUzRSUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row]