A manipulación informativa dalgúns medios de comunicación é constante. Co obxectivo de desgastar e desacreditar a Alternativa difúndense noticias falsas, medias verdades ou declaracións difamatorias sen contrastar; mentres o espazo que se lle dedica a informar con datos e feitos veraces é mínimo.
Onte, un importante periódico dicía que “En un año se han duplicado las familias pobres” en Oleiros, cando é mentira. O número de familias en dificultades económicas graves baixou lixeiramente, de 284 a 274.
Unha das nosas prioridades sempre foi e segue sendo a política social, axudando con inxentes recursos a aquelas familias con problemas. Sempre sen estigmatizar, sen folclore, co máximo respecto, con sensibilidade e tamén coa seriedade necesaria que require a xestión pública, para velar que a axuda chegue a quen realmente o precisa; facendo que independentemente dos recursos económicos de cada familia a calidade de vida sexa a mesma.