alonso

A Fábrica acolle a proxección dun documental sobre Alonso Montero

O auditorio do centro cultural A Fábrica acolle este venres día 11, a partir das 20:00 horas, a proxección do documental Cidadán Alonso Montero, o mestre das palabras, dirixido por Xan Leira. A continuación abrirase unha charla coloquio na que participará o protagonista do filme así como o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e as persoas asistentes.

Xesús Alonso Montero é unha personalidade senlleira da política e da cultura galega. Presidente da Real Academia Galega, profesor de universidade, militante político antifranquista, escritor… “Un cidadán ilustre, unha persoa íntegra. Un home das letras e un político de pés a cabeza. É un socialista convencido en toda a extensión da palabra, non do PSOE, e un gran defensor da democracia. Alonso Montero é unha persoa moi importante da que podemos copiar moitísimas cousas”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Novas relacionadas