Os orzamentos municipais para 2025 e a Axenda Urbana 2030 fóron os principais temas que tratou o alcalde, Ángel García Seone, con representantes das entidades veciñais máis representativas de cada localidade.
Ademáis de describir pormenorizadamente as principais circunstancias do orzamento, explicou con detalle a actualización de taxas e impostos.
O pleno do 24 de outubro aprobará estes orzamentos, que ascenden a 47,8 millóns de euros, superando en 4 millóns aos do pasado ano. Manter equipamentos, servizos e espazos públicos levan a metade do importe. Doce millóns son para pagar ao persoal e 15 o gasto corrente do funcionamento municipal. Para obras públicas destínanse 17 millóns de euros.
A xuntanza serviu tamén para falar da Axenda Urbana 2030, un proceso participativo no que é fundamental a voz da veciñanza.