Exemplo de solidariedade en Culleredo coa resposta da veciñanza de Castro-Laxe

A dificil situación que está a vivir unha veciña de Castro-Laxe, que perdeu o seu fogar e o seu fillo en poucos días, está a provocar unha enorme resposta de solidariedade no municipio.

A asociación de veciños de Castro-Laxe e o músico local Abel Franqueira mobilizaron o apoio de decenas de profesionais do sector cultural para a organización dun evento solidario o vindeiro 21 de marzo na pista polideportiva da parroquia.

A nivel institucional, o Concello de Culleredo, amosou a súa dispoñibilidade de colaboración, como os outros grupos políticos que forman parte da corporación municipal.

Alternativa dos Veciños trasladou o apoio tanto como grupo municipal como veciños e veciñas á asociación veciñal promotora de todas as accións, sinala que é admirable a vaga de axudas por parte da veciñanza e as entidades locais.

Comparte esta nova!