EXALTACIÓN DO PAN DE CARRAL
A pasada fin de semana realizouse unha xornada de exaltación do pan de Carral e produtos locais.
A situación sanitaria obrigou unha vez máis ao Concello de Carral a non poder celebrar a tradicional Festa do Pan. Por iso este domingo realizouse, no Campo da Feira, unha xornada de exaltación do produto estrela e produtos locais.
A xornada incluíu un showcooking a cargo de Iago Cagiao, Premio Picadillo Cidade da Coruña 2019, unha maridaxe a cargo de Miguel Viña, responsable da tenda de alimentación Mundo Gallego e todo amenizado pola música de Os Piñeiros Band.