Estudar música en Culleredo con frío e pingueiras

Pais e nais denuncian unha situación insoportable. Alternativa respalda que a Xunta participe tamén no mantemento

A situación do Conservatorio de Profesional de Música de Culleredo motivou que os concelleiros da Alternativa estean traballando en diversos frentes para darlles saída ás demandas da ANPA do centro, que alerta sobre o estado do edificio, que presenta goteiras e falta de calefacción. 

Estudiar música nesas condicións de percariedade faise difícil, polo que as nais e pais piden que se realicen os labores de mantemento necesarios para corrixir as graves deficiencias que presenta a instalación, declarou recentemente Thais Palla.

Tamén se pide desde Alternativa que a Xunta coopere na financiación do mantemento para que non supoña unha carga únicamente municipal.

Segundo denuncian nais e pais, as fugas de auga son constantes “e non se poden paliar coa colocación estratéxica de cubos e cartóns polos corredores e nas aulas, o que implica un risco elevado de escorregamento e caídas ao mesmo nivel”. O tellado acumula auga co perigo de desprendemento dos paneis superiores do teito, o que implica riscos para as persoas.

Ademáis, cada vez aparecen máis fendas nos teitos e paredes, as fiestras filtran auga e hai que colocar cartóns para evitalo, os problemas de humidade son constantes e a humidade e filtracións de auga sumadas á falla de calefacción “fan que o ambiente nas aulas e corredores sexa inseguro e insalubre para o alumnado e o profesorado, a maiores de poder conlevar dificultades de concentración e rendemento”.

Comparte esta nova!