Volve o espectáculo do Goberno municipal aos plenos de Cambre

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Volve o espectáculo do Goberno municipal aos plenos de Cambre

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Tras dous meses de parada no órgano plenario, Alternativa dos Veciños asistiu onte a unha xornada histórica por ser o primeiro pleno en liña en Cambre, marcado cun forte ton de denuncia.

Alternativa iniciou a súa intervención coa denuncia #PatiñoConfina, como todos os grupos da oposición, en desconformidade ó silencio e ás trabas interpostas por parte do Goberno municipal dende o inicio do estado de alarma. Confinando as funcións da corporación municipal.

Hoxe, a prensa non fai eco de que o Concello de Cambre leve tres meses sen convocar un pleno ordinario. Nin que no de onte non se atenderan nin rogos nin preguntas dos grupos da oposición. Falan de que se vai negociar coa empresa redactora do Plan Xeral de Urbanismo e coa Xunta. Que hai que negociar?

A empresa foi pagada con cartos das arcas municipais. Polo tanto, deberíase esixir á empresa reparar as deficiencias detectadas, a menos que, os membros do goberno teñan que ver coas “falcatruadas” reflexadas no borrador. En canto á negociación coa Xunta, as directrices autonómicas, están baseadas en leis e a lei non é negociable.

Cambre non pode esperar máis tempo para dispoñer dun Plan xeral. Deben deixar de enganar á cidadanía.

Alternativa tamén espera que se retome pronto a normalidade da corporación municipal. Que o Goberno municipal comprenda a importancia e obrigatoriedade da participación de todos os grupos políticos elixidos pola veciñanza fai un ano.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!