O pasado 15 de agosto Concello e Deputación coincidiran na urxencia rematar as obras na DP-3108 (rúa San Xiao), chegando a anunciar o inmediato reinicio dos traballos.
Non obstante, a día de hoxe, persisten tramos inacabados con zonas de terra e grava, elementos deteriorados e unha sinalización deficiente que supoñen un risco e molestia diaria para a veciñanza. Motivo polo cal Alternativa reclamou novamente no Pleno a urxente reactivación das actuacións.
Ademais, o grupo tamén esixiu o asfaltado e a mellora da rede de saneamento na rúa Marqueses de Almeiras, outra demanda dos residentes.
Ambas peticións foron aceptadas polo alcalde, que se comprometeu a realizar as actuacións pertinentes para dar resposta ás necesidades da veciñanza de Almeiras. Alternativa permanecerá vixiante.