A realidade do CEIP Gonzalo Torrente Ballester é que conta cunha coidadora para tres alumnos con alto grao de necesidades de apoio, unha profesora de Pedagoxía Terapéutica e media xornada de Especialista en Audición e Linguaxe, que comparte co CEIP Emilio González López.
As familias denuncian esta dotación de persoal como insuficiente para garantir o apoio educativo e facilitar a inclusión do alumnado.
A celebración do Consello Escolar Municipal de Cambre (CEMC) tamén permitiría abordar as problemáticas do transporte que ten diariamente o alumnado do IES Alfonso X O Sabio ademais de poñer en común outras necesidades que están a afrontar os centros, familias e ANPAS neste curso escolar.
A convocatoria chega con atraso, xa que o CEMC leva dous anos sen convocarse. A pesar de tratarse do órgano que integra a toda a comunidade educativa do municipio (profesorado, familias, alumnado e sindicatos). Unha ferramenta de participación real, que permite traballar conxuntamente e impulsar iniciativas colectivas para reclamar diante das administracións competentes as carencias que sofren os centros educativos do municipio.