Esiximos aclaracións pola afectación acústica do aeroporto

Alternativa levou o asunto a Xunta de Goberno co obxectivo de que o executivo local realice as consultas oportunas ás institucións competentes, co fin de adoptar as medidas precisas e informar á veciñanza sobre os seguintes pasos a dar no asunto.

No Concello veciño de Oleiros, a cidadanía xa está a recibir resposta das alegacións presentadas no 2020, que esixían compensacións para paliar a contaminación acústica derivada da ampliación da pegada sonora.

A aprobación, o pasado de 2 de abril, do Real Decreto 359/2024, polo que se establecen as novas servidumes aeronáuticas acústicas, o mapa de ruído e o plan de acción do aeroporto de A Coruña, inclúe o municipio de Cambre como zoa afectada, aínda que sin maiores especificacións.

O grupo lembra que xa en 2020 impulsou unha ampla campaña informativa para a veciñanza do Temple, afectada pola ampliación da pegada sonora, puidese presentar as súas alegación. Daquela, o goberno local -entón formado por Unión por Cambre e PSOE- non facilitaran a información á veciñanza ata a un día antes do remate do prazo.

Comparte esta nova!