Plantilla-Fotos_entradas

Alternativa dos Veciños anima a enviar correos a Fomento para denunciar os atascos nos accesos á Coruña

Ante a gravidade dos colapsos circulatorios nos accesos á cidade da Coruña, a súa continuidade no tempo e a pasividade do Ministerio de Fomento, Alternativa dos Veciños anima a todos os cidadáns da comarca afectados a que envíen correos electrónicos denunciando esta situación. O enderezo da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento é dg.carreteras@fomento.es.

“Que se vexa o cabreo da cidadanía da comarca da Coruña. Que saiban do enfado das persoas que entran e saen da cidade a diario e que padecen o abandono total por parte do Ministerio de Fomento, tanto dos que estaban antes –os do PP-, como dos que están agora –os do PSOE-. Tanto monta, monta tanto”, comentou o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane.

No día de onte, milleiros de cidadáns e cidadás volveron quedar atrapados na estrada tras un novo accidente no viaduto posterior á ponte da Pasaxe. As retencións foron moi importantes, de máis dunha hora, e causaron numerosos problemas ás persoas que acudían ao seus centros de traballo, a colexios e facultades, citas médicas, etc.

Novas relacionadas