A Festa do Entroido pasa ao 1 de marzo para non coincidir co Día da Muller

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Festa do Entroido pasa ao día 1 de marzo para non coincidir co Día Internacional da Muller

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Goberno municipal decidiu mover a Festa do Entroido que organiza todos os anos o Concello ao día 1 de marzo, para non coincidir cos actos previstos polo Día Internacional da Muller e fomentar a participación tanto na folga como en todos os actos reivindicativos que se convoquen para esa xornada. Desta maneira a festa oleirense abrirá o entroido da comarca o venres de carnaval.

O Concello de Oleiros ten un compromiso total coa defensa dos dereitos das mulleres e coa loita pola igualdade. O Goberno municipal entende que é imprescindible apoiar de forma rotunda todos os actos reivindicativos convocados para esa xornada; moito máis se cabe cando algunhas forzas políticas poñen en dúbida e cuestionan o acadado ata o momento en materia de igualdade e de protección da muller ante as violencias machistas.

“O venres de piñata, cando nos tocaría facer a festa, cae este ano o día 8 de marzo. Haberá manifestacións e case seguro tamén folga. Como non podería ser doutra forma nós ímonos sumar, e estou convencido que os veciños e veciñas tamén. Non tería sentido celebrar o entroido ese día, sería case un insulto. Por tanto, imos cambialo para o venres anterior, para o día 1 de marzo”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

No xornal Vivir en Oleiros que está chegando ás casas dos veciños e veciñas estes días aparece como data o día 8 de marzo, por iso é importante comunicar o cambio e os importantes motivos que o xustifican.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!