[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Entrevista íntegra ao candidato á Alcaldía da Coruña por Alternativa en Radio Voz
[/vc_column_text][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwaWQlM0QlMjdhdWRpb18zMjM4MzY1OCUyNyUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTI3MCUyNyUyMGFsbG93ZnVsbHNjcmVlbiUzRCUyNyUyNyUyMHNjcm9sbGluZyUzRCUyN25vJTI3JTIwaGVpZ2h0JTNEJTI3MjAwJTI3JTIwc3R5bGUlM0QlMjdib3JkZXIlM0ExcHglMjBzb2xpZCUyMCUyM0VFRSUzQiUyMGJveC1zaXppbmclM0Fib3JkZXItYm94JTNCJTIwd2lkdGglM0ExMDAlMjUlM0IlMjclMjBzcmMlM0QlMjJodHRwcyUzQSUyRiUyRnd3dy5pdm9veC5jb20lMkZwbGF5ZXJfZWpfMzIzODM2NThfNF8xLmh0bWwlM0ZjMSUzRGZmNjYwMCUyMiUzRSUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]Este venres Pedro Armas, candidato de Alternativa dos Veciños á Alcaldía da Coruña participou nunha entrevista en Radio Voz para falar da irrupción de Alternativa dos Veciños no mapa político da cidade da Coruña.
Entre outros, falouse de temas cruciais como a creación da Área Metropolitana, a necesidade de axilizar a xestión municipal e a vontade de Alternativa de desbloquear a situación de ingobernabilidade que actualmente hai na Coruña: “Que a cidade siga cos orzamentos prorrogados é unha vergoña. A nosa intención é facilitar a gobernabilidade a escala local, e o dicimos agora xa antes da campaña. Se hai un bo goberno e propostas válidas para mellorar A Coruña, nós as apoiaremos”, asegurou Pedro Armas durante a entrevista conducida por Pablo Portabales e Loreto Silvoso.
Así mesmo, para Armas, a creación da Área Metropolitana pode ser unha oportunidade para os concellos de evitar friccións territoriais e xestionar os servizos da cidadanía “á marxe de intereses partidistas”. Neste sentido o candidato apuntou que a vantaxe de Alternativa está no plano comarcal: “Nós pensamos nunha cidade non de 200.000, senón de 400.000 habitantes. No momento en que exista un instrumento de xestión como a Área Metropolitana evitaranse as friccións territoriais. O transporte público ten que ser metropolitano. A xestión dos residuos, do saneamento, etcétera. Necesitamos un elemento integrador, non elementos partidarios”, insistiu Armas.
Tamén aproveitou a entrevista para lembrar que nas próximas semanas iranse definindo máis as liñas de actuación sectoriais de Alternativa na cidade: “Na nosa lista incorporamos a persoas que chegan de diferentes barrios e sectores económicos. Xente coñecida na cidade polo seu traballo. Desta forma, nos próximos tempos iranse anunciando as propostas concretas sobre diferentes áreas e sectores da cidade“, garantizou o candidato Pedro Armas.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]