Entrevista ao candidato Pedro Armas en Radio Coruña (SER)
Pedro Armas, candidato de Alternativa dos Veciños para a Alcaldía de A Coruña, participou este mércores nunha entrevista en Radio Coruña Cadena Ser para presentar algunhas das propostas do grupo de persoas que forman a lista electoral para a cidade.
Armas, que foi presentado como candidato en novembro do pasado 2018, lembrou que o grupo na Coruña leva meses traballando para crear o mellor equipo de cara a lista electoral, actualmente xa completa. Armas salientou o feito de que a lista conte con persoas expertas en mobilidade, en educación, no deporte e, en xeral, en ámbitos que permiten ter unha visión dos problemas concretos, configurada con criterios de cidade.