Xa están abertas as novas pasarelas peonís da N-VI
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada de Azpiazu, a subdelegada do Gobierno, Pilar López-Rioboo; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane; e o xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, inauguraron esta mañá as dúas pasarelas peonís da N-VI, na zona comercial do Seixo. O investimento nesta actuación foi de 900.000 euros.
Ademais de escaleiras, as pasarelas están dotadas de ascensores para facilitar o seu uso. Os pasos tamén están cubertos.