As entidades veciñais participan na elaboración dos orzamentos do Concello de Oleiros
O orzamento municipal para o ano 2021 atópase xa en fase de redacción. O documento que está a elaborar o Goberno municipal incluirá tamén as propostas realizadas desde entidades máis representativas de cada localidade, principalmente das asociacións de veciños.
Esta semana, os colectivos están a recibir unha carta do alcalde para que participen na elaboración dos orzamentos municipais. Tal e como fan todos os anos, poderán trasladar as súas propostas ao Goberno local que as analizará para posteriormente incluír aquelas que poidan ser realizables nos orzamentos municipais de 2021.