Apoiar a educación e mostrar un compromiso real co día a día da comunidade escolar, con nenas e nenos, profesorado e pais e nais. Así o facemos desde a Alternativa. A última acción: ceder unha parcela de máis de mil metros ao colexio Valle Inclán para que planten o seu propio bosque, unha aula ao aire libre, un invernadoiro e unha horta de tempada.
Así o pediron desde o colexio e así respondimos: unha boísima idea educativa para a que non escatimamos un apoio decidido. O alcalde, Gelo, e a concelleira de Educación, María José Santos, dixéronllo así a profes, nais e pais, impulsores da iniciativa; xunto co alumnado que participou nas ideas e o proxecto de espazo biopedagóxico.
Grazas a esta cesión da parcela e o proveitoso proxecto de uso pedagóxico do espazo público, o colexio presentouse a unha convocatoria do Centro de Arte Fundación María José Jove, donde foi seleccionado para o seu programa “Aprender no bosque”.
Así se consigue que os colexios de Oleiros estean ben dotados e impulsen iniciativas pedagóxicas innovadoras, coma esta que estimula ás crianzas no seu amor pola natureza e o coñecemento científico dos procesos biolóxicos dos alimentos.
Mentres a Xunta do PP escatima en persoal para os coles, Alternativa dos Veciños ofrece a mellor fórmula para convertelos en lugares de aprendizaxe e experimentación.