O obxectivo de estas visitas e trasladar as peticións e necesidades dos distintos barrios ao goberno municipal.
Alternativa iniciou este ano cunha marcada planificación para continúar achegandose a cada parroquia e recoller as deficiencias, así como coñecer da mán da veciñanza as necesidades reais no seu día a día.
O grupo está a valorar positivamente estas visitas polo impulso que están a ter as diferentes medidas solicitadas, como o compromiso por parte do goberno municipal da creación dun espazo de encontro xuvenil en Vilaboa, a atención para a Reitoral de Celas ou a insistencia para mantementos máis frecuentes no Regueiro das Xesteiras.
Para contactar co grupo municipal podese facer a través do teléfono 981 415 610, o correo electrónico, culleredo@alternativadosvecinos.org, e tamén a través das redes sociais facebook e instagram.