Alternativa solicitou a retirada da publicación dos medios públicos municipais sobre as peticións veciñais entregadas a AENA pola alcaldesa e o tenente de alcalde, despois de que o Partido Popular recoñecese en Comisións Informativas que se tratou dun acto propio do grupo Partido Popular.
“O goberno local non está a ofrecer información clara nin sobre o estado das alegacións presentadas en 2020 nin sobre as novas peticións rexistradas” sinala Raúl Varela, voceiro do grupo. “ É necesaria transparencia e comunicación veraz”, afirmou Varela.
Alternativa lembra que en 2020 impulsou medidas de apoio á cidadanía para presentar as súas alegacións e instou tamén ao goberno local, naquel momento, a facilitar os trámites pertinentes e información sobre o proceso.