Dúas prazas menos para estacionar na Avenida de Vilaboa

A instalación de dous puntos de recarga para vehículos eléctricos elimina duas prazas de aparcamento público.

Alternativa esixe coñecer baixo que condicións se destina este espazo público á instalación dun servizo que xestiona unha empresa privada.

O grupo demandou información sobre o expediente do procedemento e os estudos de viabilidade que xustificaron a eliminación destas prazas de aparcadorio, nunha zona con numerosas queixas veciñais polos problemas de estacionamento.

Alternativa non cuestiona a instalación de puntos de recarga, senón que considera necesaria unha explicación do goberno municipal sobre as condicións nas que se destinan dúas prazas de estacionamento público a este servizo.

Comparte esta nova!