Dramática situación da atención pediátrica no verán

Malestar entre os profesionais e a cidadanía pola falta de planificación sanitaria do PP

A vergoñenta xestión sanitaria da Xunta do PP terá consecuencias graves na prestación deste servizo en toda Galicia, especialmente dramáticas nas áreas de pediatría. Escoitar ao Conselleiro falar de peches centros asistenciais aos que chama “reorganización” dos servizos, da, simplemente, vergoña allea.

A deficiente planificación e a patente falta de pediatras non só producen un crecente malestar entre a cidadanía, especialmente entre nais e pais, senón que abrangue aos propios profesionais que prestan o servizo, sen cubrir vacacións e con fortes presións laborais a quen está traballando con moita máis carga da acaída.

Por citar só algúns exemplos, en Carral non teñen pediatras entre o 15 de xullo e o final de agosto, en Cambre teñen que asumir o servizo de Carral e o Temple, ademáis que lle é propio á área de Cambre; en Mera pasarán todo o verán sen pediatra, como todo o norte de Oleiros; en Santa Cruz haberá servizo só polas mañás, agás os venres; en Perillo redúcese o servizo ás mañáns e en Arteixo teñen que asumir a poboación de Meicende e Vlarrodís.

Ademáis dos trastornos derivados das deficiencias no servizo de atención médica derivados da sobrecarga, causan importantes molestias a nais e pais, ademáis de incidiren nos trastornos á conciliación da vida familiar.

Comparte esta nova!