A burocracia da Xunta de Galicia prolonga ata dous anos o tempo de agarda para resolver as solicitudes de dependencia, algo que se considera intolerable para calquera situación crítica en que se poda atopar unha familia ou unha persoa.
Como o concello é a administración que tramita coas familias esa solicitude, algunhas persoas pensan que esa situación está provocada polo municipio, que se limita, segundo as instruccións, a enviar os datos para que en Santiago decidan.
Ademáis desta situación que afecta directamente ás persoas, a Xunta non destina aos concellos os fondos para cubrir os custos reais dos servizos de dependencia, mentres destina os seus esforzos a accións de propaganda, exhibindo a persoas que “agradecen” ao goberno galego a súa atención, cando simplemente é o seu dereito.
Mentres a presidenta de Madrid desgrana lindezas como “Total iban a morirse igual” en referencia ás persoas que morreron en residencias sen asistencia médica durante o Covid, a Xunta organiza un bicamáns na Cidade da Cultura escenificando a sumisión de quen sofre as consecuencias dun sistema que os aparta, mentras pola súa culpa as familias teñen que agardar ata dous anos en ver recoñecido o seu dereito á asistencia.
“Estamos falando en moitos casos de persoas que están mal, enfermas, e que durante ese tempo non teñen dereito a recibir a atención que precisan e teñen que afrontar unha serie de gastos que de non facelos pode repercutir no seu estado de saúde”, dixo o concelleiro de Oleiros Pablo Cibeira.
“Qué sociedade estamos a construir?”, pregúntase o concelleiro tras constatar a escasez de residencias públicas, a destrución paulatina do sistema público de pensións, as prexubilacións para uns poucos e aumento da idade da xubilación para a maioría, a dificultade para acceder aos novos servizos electrónicos…