Detéctanse graves problemas de xestión nos concellos de Arteixo, Culleredo, Cambre e Sada

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Case 5 millóns de euros están paralizados pola torpeza política dos gobernos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Concellos como Arteixo, Culleredo, Cambre e Sada teñen obras financiadas pola Deputación sen contratar nen xustificar por un importe de 4,9 millóns de euros, algún caso pendentes de realizar desde 2018. Son datos que aportou o presidente da Alternativa, Ángel García Seoane, como deputado provincial, quen calificou de “escandalosa” a situación.

 

No caso de Arteixo as obras sen xustificar son dos anos 19, 20 e 21. Un concello con forte orzamento e un gran número de funcionarios, pero que mantén paralizadas importantes obras como o Paseo Fluvial de Rañal, a urbanización da rúa Arsenio Iglesias, a senda peonil de Laxobre, a rede de auga potable na Travesía de Oseiro e a senda peonil de Coque a Iglesario de Larín. En total, Arteixo ten 1.471.000 euros sen xustificar ante a Deputación, con algunha obra incluso sen contratar, como a Senda de Larín.

 

No caso de Culleredo, as obras sen xustificar, son do 2018 e 2021, e acadan  1.013.000 euros. Algunha delas sen contratar 5 anos despois de recibir o financiamento provincial, como a polideportiva do Parque Europa, que permanece tirada no parque despois de que un vendaval o derrubase.

 

En Cambre hai obras sen contratar ou xustificar por 1.142.000  euros desde o 2019 ao 2021 e en Sada as obras sen executar son dos anos 2019, 20 e 21, por un importe global de 1.340.000 euros. Entre esas obras atópase a primeira fase das instalacións deportivas en Mondego por importe de 723.792 euros.

Precisamente a concelleira expulsada da Alternativa, que hoxe é alcaldesa, era a responsable de levar adiante esas obras.

 

En definitiva, trátase dunha incomprensible deixación de xestión administrativa, pero sobre todo dun caso de vergoñenta torpeza política, xa que son gobernos que se demostran incapaces de xestionar diñeiro que, chegado desde outra administración, e que non son quen de executar cando eses mesmos concellos solicitaron esas obras para a súa veciñanza.

 

A Deputación está obrigada a esixir que se xustifiquen os investimentos e se non  retirarlles as subvencións por inútiles e ineficaces.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!