[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Descontento ante as presas de última hora do goberno cambrés
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O goberno municipal do Concello de Cambre tarde, mal e arrastro anuncia que presentará alegacións pola ampliación da pegada sonora que afecta a un dos núcleos máis importantes do municipio como é o Temple.
Alternativa dos Veciños denuncia que o goberno non se moveu en contra desta actuación do Ministerio ata que foi denunciada por Alternativa dos Veciños, que incluso facilitou unha alegación “tipo” para as persoas afectadas.
O goberno municipal parece non lle interesa que os veciños e veciñas aleguen contra o Ministerio dado que ten un gran interese que se informe positivamente as modificacións especulativas das normas subsidiarias que pretenden colmar con diversas construcións o único solo posible que queda para equipamentos. Como é a Bailly e os terreos que fan linde.
Resulta alarmante que non se permitiu presentar alegacións aos veciños e veciñas no rexistro municipal de O Temple durante dous meses, obrigando a pedir cita previa en Cambre. E agora que o goberno se declina por informar aos veciños e veciñas si que o permitan.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]