Desbloquear o PXOM de Culleredo, un ben para todas e todos

A Comisión Especial sobre a parálise do Plan require o consenso político

Alternativa participará na comisión especial para tratar a parálise do Plan Xeral de Urbanismo de Culleredo e solicitará a todos os grupos políticos consenso para levar adiante tan determinante documento para o municipio.

O próximo 17 de outubro celebrarase en Culleredo unha comisión especial para tratar a situación de parálise do expediente relativo ao Plan Xeral de Urbanismo, iniciado no 2008 e aprobado inicialmente no 2013 mais pendente de resolver os requirimentos da Dirección Xeral de Urbanismo ata a actualidade.

Máis de 16 anos de paralización

Culleredo non pode seguir utilizando as normas subsidiarias das  que dispoñía dado que foron eliminadas en 2008 pola nova Lei do Solo da Xunta de Galicia que obriga aos concellos a aprobar plans xerais: o único documento que garante aos veciños e veciñas a cualificación dos seus terreos. 

Os concelleiros de Alternativa dos Veciños Culleredo participarán na mencionada comisión especial, na que se anuncia a presenza da responsable de urbanismo da Xunta de Galicia.

Asimesmo, Alternativa dos Veciños solicitará consenso a todos os grupos políticos representados no Concello de Culleredo para a aprobación definitiva do documento, a cal require da maioría absoluta da corporación. Maioría da que o goberno municipal cullerdense non dispón.

Alternativa dos Veciños agarda que prevalezan os intereses dos cidadáns e cidadás por enriba dos intereses políticos.

Comparte esta nova!