A moción presentada polo deputado provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, foi aprobada por todos os grupos provinciais, que comparten a necesidade de poñer solución a un punto negro na estrada provincial DP-0810
O Goberno Provincial apunta como causa principal de que esta situación continúe estancada, ao non poder desenvolver o necesario expediente de expropiación como consecuencia de que o propietario segue impedindo a entrada na súa propiedade para poder realizar os correspondentes traballos de medición.
Alternativa dos Veciños volveu demandar, na moción presentada e aprobada por unanimidade, que a Deputación realice as xestións oportunas para que se poidan levar a cabo os traballos de medición, xa que unha obra de tanta importancia e de interese xeral, non pode estar paralizada durante case unha década pola negativa ou parecer dun veciño.
A Deputación Provincial debe utilizar todos os mecanismos dos que dispón e resolver este asunto dunha vez por todas para garantir a seguridade viaria e peonil nun punto negro nunha estrada da súa titularidade.
Mentres non se proceda a contratar as obras e a resolver esta situación, Alternativa seguirá demandado no pleno a súa tramitación, xa que é inadmisible que ante o perigo persistente para peóns e automobilistas se manteña a situación actual.