Desautorizada pola Subdelegación do Goberno a manifestación na rotonda do Che
A Subdelegación do Goberno comunicoulle ao Concello de Oleiros que a manifestación convocada xunto ao monumento a Ernesto Che Guevara non poderá desenvolverse nesa zona por unha cuestión de seguridade viaria, para evitar posibles atropelos, e para protexer a integridade do monumento. A Subdelegación informou que a rotonda “non poderá ser considerada lugar de concentración”.
O Concello de Oleiros tamén emitiu previamente un informe alertando dos graves problemas que se poden ocasionar ao tráfico e á seguridade peonil por este acto, así como dos posibles danos que poderían chegar a producirse sobre o patrimonio municipal. Existen outros emprazamentos no municipio máis seguros, que non ocasionarían retencións de tráfico nin riscos para as persoas manifestantes.