Durante ano 2024 é necesario sacar definitivamente adiante proxectos que co excesivo paso do tempo foron adquirindo a categoría de urxencias históricas. O propósito dos concelleiros da Alternativa para o novo ano no capítulo de demandas históricas son as referidas ao PXOM, ao plan especial do Río Maior e a zona comercial de San Cidre.
A aprobación, cando menos inicialmente, do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Bergondo é unha necesidade urxente, xa que este documento é un instrumento fundamental para o futuro do municipio, que necesita perspectivas de desenvolvemento claras para dotarse de todo seu o potencial.
Rematar a tortuosa tramitación do Plan Especial do Río Maior é outra das necesidades de 2024 e poidamos sacar a licitación o proxecto construtivo para a instalación do colector xeral de saneamento e o paseo fluvial do río. Lubre ben merece que solucionemos dunha vez por todas esta tremenda carencia.
Outro asunto pendente é a tramitación urbanística imprescindible para que a zona comercial de San Cidre poida ser unha realidade e que o centro administrativo do municipio teña un desenvolvemento consote coa súa importancia.