Derrubamento nunha Vía Ártabra interrompida pola ineficacia da Xunta

Rueda debe dar paso a un novo equipo ao frente da Consellería de Infraestruturas

Un impresionane muro de pedra que separa a N6 de Jardilán derrubouse a causa das choivas que soportou, nunha obra que apenas ten un ano. Un fallo técnico que alomenos non produciu vítimas pero que crea unha enorme inquedanza debido á magnitude da obra realizada, un cruzamento a tres niveis entre a vía radial e a Vía Ártabra que non foron quen de rematar.

Con ser un derrubamento espectacular, do que ten que dar conta a conselleira Etel Vázquez e os responsables técnicos da obra, non é o maior problema desta intervención, entre os concellos de Oleiros e Sada.

A chapuza administrativa coa que se planificou a obra, unida aos inconfesables intereses dalgún concelleiro de Cambre conxugáronse para interromper a obra en Iñás unha vez que xa se tiña adiantado precisamente neste cruzamento no que se produciu o sinistro.

Razóns ambas polo que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recomendou ao presidente da Xunta para que mude de concelleira no seu futuro goberno, pendiente aínda de ser nomeado tras as pasadas eleccións.

Comparte esta nova!