A Deputación rescíndelle o contrato á empresa que está realizando a ampliación da estrada da Besta

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Deputación rescíndelle o contrato á empresa que está realizando a ampliación da estrada da Besta

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Deputación da Coruña comunicoulle esta mañá ao Concello de Oleiros que o contrato coa adxudicataria da obra de ampliación da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra, vai ser rescindido de inmediato. Esta decisión débese a que a obra leva semanas parada e a que a adxudicataria cobrou da Deputación pero non lle pagou á empresa que tiña subcontratada. Ante esta situación, a obra botará sen rematar, polo menos, outros 6 meses.

“Desde que entrei na Deputación veño denunciando este tipo de contratacións. Non pode haber adxudicacións a empresas que non son máis que un papel, que non teñen maquinaria nin persoal de ningún tipo, que subcontratan todo. Non debías poder presentarte a facer unha estrada se non tes máquinas para aglomerar, palas, traballadores, etc… Pero estamos atopándonos que sucede isto, aparecen elementos que subcontratan, cobran os cartos da administración e despois non lle pagan á empresa que realmente fai a obra”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

A obra de ampliación da estrada da Besta vai permitir que a vía pase de 5 a 12 metros. Os carrís de circulación ocuparán 7 metros e as beirarrúas 5, para que os peóns poidan transitar de xeito seguro.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!