A Deputación valida o proxecto de reforma da piscina municipal de Sada

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Deputación valida o proxecto de reforma da piscina municipal de Sada

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Este era o último trámite para poder licitar as obras de restauración do centro deportivo sadense. Os traballos realizados ata o momento detectaron que a situación provocada durante anos levou a deterioración actual da infraestrutura.

Despois de aprobar no último Pleno o Proxecto de Rehabilitación Integral da Piscina Municipal, de conseguir o financiamento preciso, e o visto bo ao Proxecto de Rehabilitación Integral por parte da Deputación, xa queda o camiño despexado para licitar e poder executar as obras de restauración do centro deportivo sadense que estaba pechado desde principios de xaneiro por graves deficiencias na súa cuberta provocadas pola ausencia total de mantemento durante anos de uso.

O resto dos trámites administrativos para resolver estas graves deficiencias dá infraestrutura resolveranse paralelamente despois do visto bo da Deputación para que, deste xeito, pódase proceder a execución das obras.

Desde a concellería de Deportes que dirixe a Concelleira de Alternativa dos Veciños, María Nogareda, son conscientes dos prexuízos que se lles está a causar á cidadanía ao non poder dispoñer da única infraestrutura destas características que ten o Concello de Sada e subliña a importancia de executar regularmente os traballos de mantemento necesarios para que non se volvan a repetir estes sucesos produto da inacción dos últimos anos.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!